Nunha intervención producida con nocturnidade, a Policía Nacional e a Garda Civil procederon a desaloxar o CSOA Escárnio e Maldizer nunha operación “contra os movementos sociais da cidade“.
Forte presenza policial en Casas Reais, a escasos metros da concentración espontánea. pic.twitter.com/Y9smCMu1W0
— Nós Televisión (@NosTelevision) 30 de mayo de 2017
Desde primeira hora da mañá, diversos veciños e veciñas mobilizaronse espontaneamente para amosar o seu apoio ante un centro social que “non presentaba problemas para a veciñanza”.
Pasadas as 10:00h da mañá, diversas fontes consultadas por Nós Televisión confirmaron que se viña de incautar numerosa documentación interna por orde xudicial deste “espaço autónomo e antiautoritário” e que había, mesmo, dúas persoas detidas nunha carga policial producida contra a veciñanza que se estaba manifestando. Pouco despois, as persoas ficaron en liberdade cunha denuncia por “disturbios”.
Na operación, levada a cabo pola Policía Nacional, o Concello de Santiago non ten ningunha relación. Desde Raxoi informan, ademais, que non teñen detectado ningún problema de convivencia”. Compostela Aberta xa rexeitou mediante un comunicado o proceder das Forzas de Seguridade do estado
@Tabernita O CNP interviu a través da UIP por orden xudicial para desaloxar. Desde o Concello non tiñamos detectado ningún problema de convivencia
— Concello de Santiago (@PazodeRaxoi) 30 de mayo de 2017
Concentración de apoio
Está convocada para hoxe, 30 de maio, unha concentración de apoio aos movementos sociais da cidade ás 20:00 na Porta do Camiño
Xan Duro: “O Concello de Santiago non tiña ningunha constancia”
O concelleiro Xan Duro quixo reiterar que o Concello de Santiago non tiña ningunha constancia do sucedido esta mesma mañá pois a intervención policial non lle foi comunicada ao propio Concello.
.@xanduro reiterou esta mañá que o Concello de Santiago non tiña constancia da intervención policial no Escárnio #EscárnioSomosTodas pic.twitter.com/jGvK0K4cim
— Nós Televisión (@NosTelevision) 30 de mayo de 2017