“Desafío comercial SCQ”, unha APP para xogar coñecendo os comercios

Novas tecnoloxías para facilitar o coñecemento dos comercios composteláns máis emblemáticos

Unha aplicación para dispositivos móbiles que leva o nome de “Desafío Comercial SCQ” facilitará o coñecemento dos comercios máis emblemáticos da cidade de Santiago. A proposta consiste nun xogo con premios tal e como explicou en rolda de prensa a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.

- Publicidade -

A aplicación segue a historia dunha muller que nos anos 20 ten que atopar uns obxectos para levar nunha viaxe a Cuba.

A proposta de promoción do comercio compostelán está relacionada cos oito comercios emblemáticos do 2016. As persoas que participen e completen todo o xogo terán varios premios que deberán recoller no Departamento de Comercio de Santiago.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego