Home Programas Espazo Aberto A Deputación presenta a memoria visual de Pontevedra recompilada por unha investigadora da USC

A Deputación presenta a memoria visual de Pontevedra recompilada por unha investigadora da USC

0
A Deputación presenta a memoria visual de Pontevedra recompilada por unha investigadora da USC

A Deputación de Pontedra publicou o traballo “Pontevedra, a memoria rescatada”
desenvolvido pola investigadora Carla Fernández da USC que reconstrúe, a través de multitude de imaxes, a memoria visual da cidade do Lérez. A presentación do volume contou coa presenza, ademais da autora, do deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal; o decano da Facultade, Francisco Ramón Durán, e o coordinador do grupo Iacobus, Juan Manuel Monterroso. Carla Fernández salientou a importancia de recuperar o pasado.

[vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=DRLePjMl2jQ&feature=youtu.be”]

No libro analízase a evolución de edificios tan destacados como o convento de Santo Domingo, o de San Francisco ou a igrexa de Santa María, e profundízase noutros que, pese ao seu carácter singular, xa desapareceron, como as Torres Arzobispais, o hospital de San Juan de Dios ou a muralla.