A primeira reunión entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta semella rematar con boas espectativas. No edificio de San Caetano o actual Presidente do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo Vicepresidente, Alfonso Rueda, recibiu a Carmela Silva e ao Vicepresidente provincial, César Mosquera nun encontro que durou algo máis de dúas horas. Desde a Deputación de Pontevedra trasladaron varios asuntos pendentes relacionados coas competencias.

- Publicidade -

Unha das que máis preocupan é a xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe, xa que a Deputación non ten competencias en Educación. Na reunión o presidente da Xunta trasladou a idea de recuperar o Protocolo de 2012 que non se puxo en práctica. Anunciouno o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda.

Ambas administracións trataron tamén a posibilidade do cambio de titularidade de varias estradas da provincia. O goberno galego reclama a titularidade de 14 estradas e a Deputación a xestión de 15 viais. En vindeiras datas Feijóo manterá reunións cos responsables das deputacións de Lugo e de Ourense.

Carmela Silva: “Prestamos moitos servizos que non son competencia da Deputación de Pontevedra”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego