A presenza da Deputación de Pontevedra sorprendeu como aconteceu o ano pasado. Desta vez o Departamento de Cultura que dirixe o deputado Xosé Leal aproveitou o escaparate do evento para presentar o eixo temático ao redor do que xirarán moitas das actividades desta institución o ano vindeiro: o noso Patrimonio.
Do mesmo xeito que na pasada edición, a Deputación quixo poñer o seu posto a disposición dos concellos cunha dupla finalidade, a de dar a coñecer a riqueza cultural da provincia nun contexto especializado e o de propiciar que programadores e programadoras culturais das localidades se achegaran á Feira. Polo posto da Deputación de Pontevedra pasaron trinta e cinco municipios con propostas ben diferentes, todas elas atractivas.
Tamén se quixo lembrar o peche do Ano Castelao cun photocall da Gala Ano Castelao situado na entrada. Deste xeito as persoas que entraban no Culturgal podían facerse unha foto coa imaxe da Gala Ano Castelao deseñada por Rei Zentolo e con atrezzo e unha silueta a tamaño real. Alí atopamos á actriz Bea Campos que presentará a gala e tamén ao actor Carlos Blanco, un dos participantes na mesma.
Conversamos con Bea Campos e con Carlos Blanco
A Gala Ano Castelao terá lugar o domingo 18 de decembro ás 18 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra e a entrada será gratuíta.