Home Programas Espazo Aberto A Deputación de Pontevedra comeza a vendima no Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra comeza a vendima no Castelo de Soutomaior

0
A Deputación de Pontevedra comeza a vendima no Castelo de Soutomaior

O Castelo de Soutomaior, propiedade da Deputación de Pontevedra, comezou onte a vendima que se estenderá ata a vindeira semana e que será realizada pola adega “Quinta das Eiras”. Este ano levouno a coñecida adega logo de ofertar 1,008 euros por quilo, a oferta máis competitiva na poxa pública organizada pola institución provincial.

A fortaleza da Idade Media que hoxe en día é patrimonio público logo da súa adquisición pola institución provincial no ano 1982 conta con catro hectáreas de extensión que datan do ano 1984. O aproveitamento desta finca faise por concurso desde a chegada do novo goberno en 2015. Ese ano a colleita foi de 14.720 quilos que se vendeu a un prezo de 0,98 euros por quilo. O ano pasado a colleita foi de 15.815 quilos e vendeuse a un prezo de 1,32 euros por quilo.

Neste ano, a previsión é que a colleita sexa entorno aos 18.000 quilos, pola boa calidade e cantidade da uva que presenta a explotación, aínda que ata que a adega non finalice os traballos de recollida non se terán os datos definitivos.