Home Programas Espazo Aberto A Deputación de Pontevedra aumenta as axudas a dinamización do galego para concellos

A Deputación de Pontevedra aumenta as axudas a dinamización do galego para concellos

0
A Deputación de Pontevedra aumenta as axudas a dinamización do galego para concellos

A Área de Cultura da Deputación de Pontevedra presentou por segundo ano consecutivo diante de representantes dos concellos da provincia a convocatoria as axudas para a dinamización do galego. O deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, foi o encargado de dar a coñecer as novidades acompañado de varios representantes de entidades que están a traballar co galego.

A Coordinadora de Traballadoras e Traballadores da Normalización da Lingua, a Mesa pola Normalización Lingüística, o Correlingua e a Associaçom Galega da Língua parabenizaron á Deputación por esta iniciativa e explicaron algúns dos proxectos pensados para os concellos da provincia de Pontevedra

As axudas primarán a creación e consolidación de servizos de normalización nos municipios, para os que a Deputación achegará un 75% do orzamento de gastos do servizo ata un máximo de 10.000 euros. No caso de axudas para a promoción e dinamización do galego, achegará un 75% do orzamento de gastos ata un máximo de 8.000 euros.