Conversamos con @GorettiSRei sobre a iniciativa da Deputación da Coruña para a devolución do Pazo de Meirás ao pobo https://t.co/og19qdc08e pic.twitter.com/TSor6rxzKY
— Nós Televisión (@NosTelevision) August 11, 2017
A Deputación da Coruña está decidida a mover os fios necesarios para recuperar o Pazo de Meirás para a cidadanía. Hai uns días convocou unha xuntanza na que participaron os concellos da Coruña e Sada, a Universidade da Coruña e varias asociacións de recuperación da Memoria Histórica. Nesa xuntanza aprobouse a constitución dunha Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás como explica Goretti Sanmartín, vicepresidenta da institución provincial.
Levamos traballando en temas da memoria histórica desde que chegamos á Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña, coa chegada do novo goberno provincial, vén realizando varias accións e proxectos para recuperar o pasado recente relacionado coa supresión das liberdades logo do golpe de Estado e posterior represión militar a partir de 1936.
Analizamos todas as opcións para devolverlle o Pazo de Meirás ao pobo
Na xuntanza convocada pola Deputación da Coruña acordouse, tamén, reclamar a aprobación dunha Lei Galega da Memoria Histórica que impida o enxalzamento dos protagonistas da represión. En relación aos comunicados emitidos pola Fundación Franco decidiuse instar ás Cortes do Estado, Goberno central e grupos parlamentarios a modificación da Lei de Fundacións para que non ampare organismos que defendan a apoloxía do franquismo.