A área de Cultura da Deputación da Coruña presentou en Compostela os Premios “Begoña Caamaño” e “Fran Pérez, Narf”, convocados pola área de Cultura da Deputación da Coruña en homenaxe á escritora e ao músico. No acto, que tivo lugar no hotel Costa Vella, participaron a vicepresidenta e deputada da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, a cantante Uxía Senlle, e José María Etxaniz e Bea Caamaño.
Un recoñemento necesario
O Premio Begoña Caamaño recoñecerá a mellor iniciativa cultural pola igualdade de xénero e o que se denomina Fran Pérez “Narf” será un concurso para grupos e artistas musicais. Goretti Sanmartín e Uxía Senlle explicaron a importancia destes premios e as novidades que achegarán os galardóns á xente nova.
O I Premio “Begoña Caamaño” está dotado con 6.500 € destinados a un único premio que pode quedar deserto ou ser compartido por dúas candidaturas se aí o estimara o xurado. O prazo de presentación remata o 30 de agosto. O Premio Fran Pérez “Narf” dará nome ao concurso xa existente para Grupos e Artistas Musicais da Coruña e os premios serán de 3.000 € para o primeiro clasificado, 2.000 para o seguindo, 1.500 para o terceiro e 1.000 para o cuarto e quinto. O prazo de presentación das solicitudes rematará o 15 de xullo.