O primeiro Valle Inclán en galego, “A Cabeza do Dragón”, producido por Excéntricas e “Soño dunha noite de verán”, baseado en Shakespeare, da compañía Voadora, son os dous espectáculos que contarán co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña para a súa difusión. A iniciativa presentouna en Santiago a responsábel da Área de Cultura, Goretti Sanmartín xunto a Quico Cadaval, de Excéntricas, e Hugo Torres, cofundador de Voadora. Sanmartín apuntou que o apoio inclúe un espazo para ensaios.
O director de “A Cabeza do Dragón”, Quico Cadaval, destacou o “compromiso da Deputación relacionando residencias artísticas” e parabenizouse de que rematará a prohibición de ver a Valle Inclán en galego.
Hugo Torres, de Voadora, salientou o máis significativo da versión que estrenarán da obra de Shakespeare.
A Xira promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña levará A Cabeza do Dragón” o 5 de maio a Bertamiráns, o 7 de maio á A Pobra do Caramiñal e o 14 de maio a Cariño. O “Soño dunha noite de verán” de Voadora chegará o 19 , 20 e 21 de febreiro a Rianxo, e os día 5, 6 e 7 de marzo a Noia e o 19 de marzo a Oleiros.
Xira promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña
“A Cabeza do Dragón” de Producións Excéntricas:
5 de maio– Bertamiráns-Casa da Cultura- 21:00 horas
7 de maio– A Pobra do Caramiñal-Casa da Cultura- 20:00 horas
14 de maio– Cariño- Auditorio Municipal- 19:00 horas“Soño dunha noite de verán” de Voadora:
19 de febreiro– Rianxo- Teatro Principal- 19:00 horas
20 de febreiro-Rianxo- Teatro Principal (matinal)- 11:00 horas
21 de febreiro-Rianxo- Teatro Principal (matinal)- 11:00 horas
5 de marzo– Noia- Coliseo Noela- 20:00 horas
6 de marzo– Noia-Coliseo Noela (matinal)- 11:00 horas
7 de marzo– Noia-Coliseo Noela (matinal)- 11:00 horas
19 de marzo-Auditorio Gabriel G. Márquez-Oleiros- 20:30 horas