Home Programas Espazo Aberto Deporte para pór en valor o patrimonio cultural nas festas de Sada

Deporte para pór en valor o patrimonio cultural nas festas de Sada

0
Deporte para pór en valor o patrimonio cultural nas festas de Sada
Asociación Cultural Mariñeira 'Os Patexeiros'

Este ano celébrase a I Regata Rumbo Ártabro de embarcacións tradicionais, organizada pola Asociación Cultural Os Patexeiros. O obxectivo do evento é pór en valor as embarcacións tradicionais do Golfo Ártabro, de madeira e antigamente destinadas á pesca ou transporte.

As embarcacións percorrerán o sábado e domingo as rías de Ares e Betanzos desde o mediodía ata as 17h. O sábado, uns vinte barcos finalizarán a terceira etapa da travesía en Mugardos, onde se celebrará o II Encontro de Embarcacións Tradicionais.

Ademais, o venres ás 18h ten lugar tamén o tradicional Torneo de Petanca organizado pola Asociación Petanca Sada, que chega este ano á súa vixésima edición. Outras citas serán a travesía a nado ás 11h do sábado e a Milla Popular de San Roque ás 10h do domingo.

Na tardiña do domingo, e antes do espectáculo pirotécnico final, celebrarase a LX Sardiñada das Festas de San Roque na área recreativa O Curruncho.

Podes consultar aquí o programa das festas.