Home Programas Área Compostela Denuncian os “gravísimos” problemas do edificio que alberga os Xulgados de Noia

Denuncian os “gravísimos” problemas do edificio que alberga os Xulgados de Noia

0
Denuncian os “gravísimos” problemas do edificio que alberga os Xulgados de Noia

A CIG-Xustiza presentou ante a Dirección Xeral de Xustiza e ante o concello de Noia un escrito denunciando os “gravísimos” problemas do edificio que alberga os Xulgados de Noia por mor das filtracións de auga e humidades que “poñen en risco a saúde do persoal que alí traballa, das usuarias e usuarios e pode provocar graves avarías no servidor informático, ademais de destruír documentos e material almacenado nos arquivos xudiciais”, segundo denuncian.

Segundo explica Antón Ayaso, representante da CIG-Xustiza en Compostela, as condicións nas que se atopa o edificio do Xulgado do Partido Xudicial de Noia son “tan precarias e lamentables” que supoñen “un grave risco para a integridade física das traballadoras e traballadores, profesionais e cidadanía usuaria deste servizo”. Sostén tamén que  supón  un “grave risco de contraer enfermidades respiratorias e alérxicas debido á exposición a fungos e mofo”, co perigo engadido de que se produzan derrubes “como xa ten acontecido”.