Denuncian o ex xerente de Mercagalicia por irregularidades na xestión

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo, Marta Lois, informou en rolda de prensa de que o Consello de Administración da sociedade mixta, participada polo Concello, presentará unha denuncia contra Joaquín Macho, o ex xerente da sociedade, despois de atopar irregularidades na súa xestión.

Indicios de delito

Recentemente, encargouse unha auditoría que podería amosar dous delitos, un de administración desleal e outro de apropiación indebida. Así mesmo, a concelleira sinalou que esta persoa xa non ten relación con Mercagalicia.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Polo acontecido nos últimos catro anos realizarase unha auditoría completa da sociedade no momento no que haxa nova xerencia en Mercagalicia. A concelleira fixo fincapé en que o Concello non dubidou en denunciar inmediatamente estas irregularidades por parte do ex xerente.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -