Home Programas Espazo Aberto Denuncian irregularidade no caso de “Antoine”, o preso máis antigo do estado español

Denuncian irregularidade no caso de “Antoine”, o preso máis antigo do estado español

0
Denuncian irregularidade no caso de “Antoine”, o preso máis antigo do estado español

Diferentes colectivos sociais, entre eles o Colectivo de apoio a persoas presas de Vigo, denuncian “irregularidades” no caso do preso Antonio Nieto Galido, máis coñecido como “Antoine”, que cumprirá 40 anos de privación de liberdade o próximo 9 de febreiro de 2020. Con 67 anos e un cancro de próstata incurábel, Galindo é o preso máis antigo do estado español.

A súa condena finalizará o vindeiro 3 de xaneiro e, con todo, o Goberno español quéreo extraditar a Francia para que siga preso alá, onde lle agardan dúas condenas. O Estado francés condenárao a dúas cadeas perpetuas en senllos xuízos que se celebraron sen el xa que o estado español o mantiña prisioneiro e non o deixou presentarse. Por esta razón, declárano en estado “de rebeldía” segundo informa o Coletivo de apoio a persoas presas de Vigo.

“Antoine” está condenado por delitos relacionados con asaltos a sucursais bancarias  sen delito de sangue algún. Durante a súa traxectoria en prisión, foi membro activo da COPEL e actualmente pertence ao colectivo Presxs Em Luita. Dende os movementos antipunitivistas consideran que “a súa resistencia e dignidade fronte a inxustiza e crueldade do sistema penitenciario e os seus verdugos é a causa de que queiran matar a Antoine dentro dos muros e non poida saír en liberdade”.