Denuncian en Compostela unha agresión policial racista: “Viñeron só a por nós e maltratáronnos”

A equipa de Nós Televisión recolleu o testemuño das que viviron e denuncian esta agresión

A violencia policial racista é unha realidade en Galiza. Mourad, Ghuizlane, Hamza e Joel denuncian ante as cámaras de Nós Televisión ter sufrido unha agresión deste tipo  o venres 10 de xullo en Compostela.

Os colectivos Foro Galego de Inmigración, Raias Travesseiras e Resistencia en Terra Allea convocan unha concentración antirracista para o vindeiro luns, día 20, ás 20 horas da tarde en Compostela