Home Programas Espazo Aberto Denuncian á Xunta por unha queima “controlada” sobre un petroglifo catalogado

Denuncian á Xunta por unha queima “controlada” sobre un petroglifo catalogado

0
Denuncian á Xunta por unha queima “controlada” sobre un petroglifo catalogado

ADEGA e Mariña Patrimonio anunciaron este luns que presentaron unha denuncia perante o Servizo de Protección da Natureza , SEPRONA, por posibles danos nun petroglifo situado no Xistral, concretamente no Chao de Sinás (Ourol-Lugo). Segundo as asociacións, os danos causounos a propia Xunta, “ao realizar a comezos de ano unha queima controlada do mato que cubría unha zona arqueolóxica, catalogada e protexida polo Goberno de Galicia”. Ao parecer, este lume tería afectado especialmente o petróglifo 13 (GA27038036).

Nesta zona arqueolóxica do Chao do Sinás, a Xunta de Galicia ten catalogadas trece laxes con petróglifos e dúas mámoas, das cales unha alberga o coñecido dólmen da Arca de Sinás. Estas asociacións consideran “especialmente grave” que sexa “a propia administración quen dane o patrimonio cultural”. Ademais, sosteñen que “esta queima sobre un petróglifo, e nunha zona arqueolóxica protexida, é unha nova mostra do desleixo e da incompetencia da Xunta de Galicia”.