A finais de xuño 1936, Galicia votou maioritariamente polo Estatuto de Autonomía. O golpe militar contra a democracia provocou que este nunca chegara a ser aprobado nas Cortes Xerais do Estado. O noso colaborador Denís Fernández Méndez analiza aquel acontecemento histórico, a súa importancia e reflexiona sobre o papel do galeguismo e do nacionalismo da época.
“Nunca tivemos en conta a importancia do Estatuto de 1936”
"É un feito ben coñecido pero que non valoramos dun xeito correcto"