Unións Agrarias presentou unha demanda contra CLEA Industrias Lácteas por impagos a cinco pequenas explotacións que suman arredor de 50.000 euros segundo o sindicato. O xulgado de Lugo que instrúe a causa vén de reter de maneira cautelar os pagos da firma Pascual á CLEA mentres non se aclare as débedas que mantén con estas explotacións. Segundo indica o sindicato, “no auto do xulgado de Lugop indícase incluso que a empresa amosa certo modus operandi nos últimos meses no feito de non atender os pagos cos seus gandeiros”. Dende UU.AA. piden que a Consellería do Medio Rural suspenda calquera liña de axudas que teña aprobada con empresas morosas cos gandeiros e gandeiras.
Inicio Espazo Aberto
Demandan a CLEA Industrias Lácteas por impagos a cinco pequenas explotacións
Piden que a Consellería do Medio Rural suspenda calquera liña de axudas que teña aprobada con empresas morosas