Home Espazo Aberto Cultura DelasFest: arte de rúa feminista na comarca de Compostela

DelasFest: arte de rúa feminista na comarca de Compostela

0
DelasFest: arte de rúa feminista na comarca de Compostela
Imaxe: Dúo Amazonas.

Esta semana celébrase o DelasFest, un festival feminista de arte urbana e contextual organizado pola cooperativa cultural 7H. Entre o 9 e o 15 de decembro, varias artistas de diversas partes do mundo pintan e crean nos concellos de Compostela, Teo e Ames. Entre parede e parede, varias delas estiveron na Casa das Mulleres Xohana Torres debatindo sobre o feito de ser muller na arte urbana.

Na presentación, a organizadora Clara Cordeiro presentou o contexto galego, lembrando que ao principio, dicíanlles que os traballos das mulleres “non chegaban aos estándares de calidade” ou que “hai poucas mulleres porque non se presentan”. Tamén fixo unha evolución desde 2009 ata hoxe, lembrando que no primeiro DesOrdes Creativas había un 90% de homes, pero que agora, e tras iniciativas como Derrubando Muros ou Elas tamén pintan, “xa hai proxectos con paridade”.

Deste xeito, puxeron como referentes diversas iniciativas de América Latina como Amura, asociación de mulleres muralistas de Arxentina fundada para denunciar os privilexios cara os muralistas homes, aos que “lles pagaban máis e lles daban paredes máis grandes.”

Tamén presentou os seus proxectos Lara Seixo, curadora e creadora de eventos portuguesa, que lembrou o poder do muralismo para dignificar a memoria e reactivar á poboación maior e do rural.

Por outra banda, Vegan Bunnies centrou o seu discurso no artivismo e no poder do muralismo e o graffitti en loitas específicas como a do veganismo.

View this post on Instagram

Recuerden amigos #veganbunnies #vb #vegan

A post shared by Vegan Bunnies & The Black Cat (@veganbunnies_vb) on

Malia todo o avanzado e o falado, todas coinciden nunha idea: “queda moito traballo por facer”. Tamén moitas paredes por pintar.