Máis de 360 persoas asistiron ás dúas xornadas de relatorios, encontros e parladoiros que tentaron definir unha estratexia conxunta do sector das TIC e do audiovisual para posicionar Galiza no sector dos contidos dixitais. Na xornada inaugural os responsables das tres entidades organizadoras explicaron a situación actual neste ámbito no noso País. A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira cre que as perspectivas son de crecemento.
O DICO Summit 2017 define a estratexia para posicionar a Galicia no sector dos contidos dixitais
O presidente de Clúster TIC, Antonio Rodríguez del Corral, é partidario de apoiar a emprendedores e emprendedoras. Pola súa banda, o presidente do Clúster Audiovisual de Galicia (CLAG), Jorge Algora, puxo como exemplo a introdución do audiovisual nos libros electrónicos.
Un sector que supón o 2,3% do PIB galego
O Foro forma parte das actuacións do Programa Viraxe TIC, subscrito polas tres entidades, que prevé unha liña de axudas con 3,7 millóns de euros para incentivar o desenvolvemento de proxectos innovadores no ámbito dos contidos dixitais. Na actualidade o TIC galego concentra máis de 3.200 empresas, dá emprego a preto de 20.000 persoas e achega o 2,3% do PIB.