O Grupo Parlamentario de En Marea presentou hoxe unha Proposicións non de Lei en comisión parlamentaria de In dustria, Enerxía, Comercio e Turismo. Antón Sánchez e Marcos Cal instaron ao executivo a realizar as modificacións lexislativas e normativas necesarias para que sexa obrigatorio o trámite de avaliación ambiental integrada ordinaria para todas as instalacións de residuos industriais.
Outras problemáticas vixentes: o caso da Mina de Touro
A sanción contra a concesionaria da Mina de Touro chega tarde
En relación a outros conflitos medioambientais froito de explotacións industriais, Antón Sánchez afirmou que a sanción de Augas de Galicia á propietaria dos terreos da mina de Touro – O Pino por verteduras contaminantes a un afluente do río Ulla tardou demasiado en producirse.
Deste xeito, desde En Marea pretenden buscar, con esta proposición non de Lei, que se modifique a Lei do Solo para que o rústico teña unha especial protección e as empresas empreguen o solo industrial.