Home Programas Espazo Aberto Defende a Galega cumpre un ano tras 53 ‘venres negros’

Defende a Galega cumpre un ano tras 53 ‘venres negros’

0
Defende a Galega cumpre un ano tras 53 ‘venres negros’

“Hoxe fai un ano que naceu o movemento Defende a Galega que pide uns medios públicos libres de inxerencias e que se cumpra a Lei de Medios Públicos de 2011 cun lema claro: sen medo a loitar”, sostén Carlos Jiménez nun vídeo emitido hoxe nas redes sociais de Defende a Galega o día que no movemento está de aniversario.

O movemento Defende a Galega cumpre un ano con 53 venres negros nos que traballadoras e traballadores da radio e televisión públicas se mobilizaron para denunciar a manipulación e censura informativa. Varias desas traballadoras, como o propio Carlos Jiménez, Tati Moyano ou Marga Pazos sufriron represalias pola súa loita pola dignificación da CRTVG.

Dende a profesión, o agradecemento á loita de Defende a Galega chegou co Premio José Couso do que Carlos Jiménez e Tati Moyano nos falaron ante as cámaras de Nós Televisión.