O concepto do decoro fai referencia ao comportamento que se considera correcto en cada situación segundo as convencións sociais. Deste xeito, convértese nunha ferramenta, encadrada dentro do control social, que nos últimos anos foi usada en diversas ocasións polo Partido Popular en Galicia. A última tivo lugar esta mesma semana coa aprobación en solitario do PP na Cámara galega dunha serie de normas sobre o mantemento do decoro no hemiciclo e o uso institucional das salas do Parlamento. O voceiro do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, vincula o uso do decoro co pasado franquista.
As primeiras afectadas por estas normas foron as habitantes das illas Ons que levaban nas súas camisetas ‘Ons en loita‘. Para o grupo parlamentario socialista estas normas son “casposas” e non teñen nada que ver coa perda do decoro.
A aprobación destas normas realízase xusto co arranque do curso político que dará paso ás eleccións galegas do 2020. Para o BNG, as intencións que ten o Partido Popular con respecto a estas medidas están claras.
Tampouco ten dúbidas Luís Villares, de En Marea, que denuncia os atrancos á hora de usar as salas do Parlamento.