A concelleira de Políticas sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, respondeu hoxe no Pazo de Raxoi ás declaracións da Valedora do Pobo, Milagros Otero, que nunha entrevista a un medio de comunicación aseguraba que a solución coas persoas sen teito era “incapacitalos e sometelos a un tratamento”.
Nunha recente entrevista, a Valedora propón “incapacitar e someter a un tratamento” as persoas sen fogar
Concha Fernández insistiu na función das administracións para esta problemática social e o traballo que están a realizar
A concellería de Políticas sociais, Diversidade e Saúde de Santiago leva a cabo en colaboración con outras entidades, un programa de actuacións para solucionar esta problemática na cidade.