Pero… que debera facer Agustín?

A Plataforma en Defensa do Sar indica que Agustín Hernández apuntou mal ás súas críticas ao dirixirse ao Concello de Santiago cando a competencia é de Augas de Galicia

As augas baixan revoltas na cidade desde o mércores pasado cando publicamos as torpes imaxes do líder local do PP, Agustín Hernández, botando lixo no río Sar.

Hoxe conversamos coa Plataforma pola Recuperación do río Sar; entidade que cualifica de “performance artística” as imaxes do voceiro popular recollendo lixo para logo botalo á auga. Nós Televisión conversa con Suso Noya, Presidente da entidade

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O que non dixo Agustín Hernández?

Noya lamentou a “performance” do voceiro do PP de Santiago, Agustín Hernández, denunciando que a contaminación do Sar é unha consecuencia do “mal funcionamento” da EDAR da Silvouta e a “desidia” do Concello de Santiago. Porén, esta afirmación non é do todo correcta, xa que a limpeza da beira do río é competencia de Augas de Galicia, é dicir, da Xunta.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -