Home Programas Espazo Aberto Debátese sobre a etiquetaxe en galego no Día Europeo das Linguas

Debátese sobre a etiquetaxe en galego no Día Europeo das Linguas

0
Debátese sobre a etiquetaxe en galego no Día Europeo das Linguas

O Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebrou hoxe o Día Europeo das Linguas cunha xornada que baixo o nome de “Etiqueta na túa lingua, camiña polo mundo con identidade” reflexionou sobre o impacto, as posibilidades, as dificultades e os desafíos do uso da lingua de Galicia no ámbito comercial. Na apertura participaron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares. Para Valentín García o tema desta xornada é un dos eixos de actuación da Xunta e do seu departamento.

Diversos exemplos de que o galego vende

Na xornada de mañá o catedrático emérito de Dereito Mercantil, Universidade de Santiago de Compostela, José Antonio Gómez Segade, falou de “Etiquetaxe en galego e dereito” e logo tivo lugar unha mesa moderada por Alba Nogueira na que participaron Alberto Pena, profesor titular de Historia da Propaganda e da Publicidade da Universidade de Vigo, Anxo Tato, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo, José María Fonseca Moretón, de Bodegas Terras Gauda, Edita de Lorenzo, da Asociación PuntoGal, e Iván Fernández, Comunicación e Marketing de Galicia Calidade. Anxo Tato, catedrático de Dereito Mercantil, Universidade de Vigo, explicou dos atrancos que ten o galego pola presión de entidades españolas e a posibilidade de que teña rango legal a obrigartoriedade do emprego da nosa lingua por parte das empresas que traballan aquí.

Valentín García: “Cada vez son máis as empresas que apostan polo galego”

José María Fonseca Moretón, de Bodegas Terras Gauda, lembrou a importancia de entidades como a Fundación Galicia Empresa como ferramenta para que os empresarios se impliquen no tema da lingua. Ademais, o Secretario Xeral de Política Lingüística sinalou que cada vez son máis as empresas que apostan polo galego.

Máis análises

Pola tarde falou de produtos etiquetados en linguas minoritarias Juan Manuel Corbacho Valencia, vicerreitor do campus de Pontevedra da Comunicación da Universidade de Vigo e tivo lugar unha mesa redonda sobre marca e etiquetaxe en lingua galega a cargo de Patricia Sánchez Lorenzo, de Leite Noso, Lito Andión, de Cooperativa Hoxe, Adriana Freire, de Dinahosting e, Francisco Kike Piñeiro, da. Horta do Obradoiro