De Porto a Compostela: Un camiño ilustrado por mulleres

Catro ilustradoras debuxarán o camiño dende Porto ata Compostela

© Concello de Santiago

Catro ilustradoras galegas e portuguesas percorrerán o Camiño da Costa dende Porto ata Compostela para achegar ilustracións que se integrarán nun libro no que as protagonistas serán as mulleres e o camiño. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa esta iniciativa, denominada “Camiña o camiño”.

- Publicidade -

Esta actividade terá lugar do 26 de xuño ao 5 de xullo e catro ilustradoras galegas e portuguesas percorrerán o Camiño da Costa realizando diversas ilustracións, que finalmente se converterán nun libro e nunha mostra onde as protagonistas serán as propias mulleres e o camiño.

Gema Sesar: “Hai moitísimas ilustradoras pero están máis invisibilizadas”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego