Este vindeiro mércores, a Casa do Matadoiro acollerá un debate aberto desde as 20:00h sobre o impacto ambiental dos proxectos que ameazan á contorna compostelá.
Compostela está rodeado por proxectos perigosos e altamente contaminantes que, de ir adiante, poderían xerar graves danos sobre a saúde das persoas e no medio da nosa contorna. Este vindeiro mércores, representantes de sete plataformas veciñais a que loitan contra a contaminación en toda a comarca participarán nun debate no Matadoiro.
Algúnhas loitas, como a protagonizada polas veciñas e veciños de Touro e O Pino ou a da Plataforma contra o vertedoiro descontrolado de Miramontes, son xa coñecidas en Santiago. Outras, pola contra, resultan máis descoñecidas como a batalla contra os eólicos de Ordes ou a das e dos afectados polos vertidos da destilería de Contimunde. Agora, iso si, todas estas diversas loitas únese neste debate público moderado polo compostelán Álex Botello.
O obxectivo deste acto é visibilizar a elevada concentración de problemáticas mediambientais da nosa contorna e recoller as necesidades de cada plataforma e as ideas e propostas de traballo conxunto.