
Dende a Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela – Miramontes, convocan unha andaina para este sábado 9 de xuño, de Miramontes a Compostela, como protesta contra o complexo de tratamento de residuos situado na antiga canteira.
Desde a Plataforma organizan esta andaina en protesta contra as irregularidades que se veñen cometendo reiteradamente neste complexo. Veciñas e veciños, alertan, veñen soportando “cheiros insoportables, tráfico pesado transitando de xeito ilegal polo medio da aldea, incumprimentos, vertidos perigosos para fauna, flora e fontes…”
O percorrido partirá ás 11:00h desde Miramontes e rematará cunha concentración na Praza do Toural.