Home Espazo Aberto Medio ambiente De lagoa a vertedoiro. Que está sucedendo na canteira de Casalonga?

De lagoa a vertedoiro. Que está sucedendo na canteira de Casalonga?

0
De lagoa a vertedoiro. Que está sucedendo na canteira de Casalonga?

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos convoca unha manifestación para este domingo, 27 de outubro, ás 11 horas con saída da farmacia, para protestar ante o inicio dos traballos de extracción na canteira de Casalonga, situada no concello coruñés de Teo, e a súa posible conversión nun vertedoiro.

“De seguir con este ritmo, poderían comezar coas voladuras a semana que vén”

As veciñas de Casalonga advertiron esta semana do inicio de baleirado da lagoa da canteira e dos danos “irreversibles” que isto causa no hábitat da zona. A maiores, unha máquina perforadora entrou na canteira este xoves iniciando os seus traballos. “De seguir con este ritmo, poderían comezar coas voladuras a semana que vén”, advirte José Antonio Ferrera, da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos. Temen que o seguinte paso consista en encher os buratos con residuos e convertelo nun vertedoiro. “O plan de restauración é o plan final e o que lles dará os cartos todos”, apunta.

Quen está iniciando os traballos na canteira?

A Plataforma veciñal apunta á unha empresa local, subcontratada por Toysal, como a que está procedendo ao baleirado da lagoa da canteira. Dende esa compañía non só non desmenten o inicio dos traballos senón que recoñecen que levan xa tres meses baleirando a lagoa só que, como chovía e o tubo quedara atascado, non se notaba tanto.

Como puido a empresa facerse cos permisos?

Para o inicio destes traballos na canteira de Casalonga cómpre que a empresa obteña o visto de da dirección xeral de Enerxía e Minas concedéndolle o plan de labores e, ao mesmo tempo, Augas de Galicia debe outorgarlle o permiso de vertidos de augas. Dende a Plataforma, pensan denunciar a Augas de Galicia por non ter realizado un análise de augas antes de dar luz verde ao seu vertido. Tanto a Plataforma como o propio Concello de Teo solicitaron no seu momento á dirección xeral de Enerxía e Minas a paralización cautelar da actividade da empresa Toysal na canteira até que non se resolva o expediente de caducidade, pero non obtiveron resposta algunha.

As organizacións ecoloxistas apuntan como responsable desta situación á creación do Real Decreto 975/2009 e ao RD 108/2008 xa que, en base á súa ambigüidade, outorga o amparo de vertedoiros “vestidos de fraudulentas operacións de restauración ambiental de canteiras”.

Se non é un vertedoiro, que facemos coa canteira?

Lonxe da restauración proposta por Toysal, ADEGA aposta por unha “rexeneración natural, conservando as lagoas e no posible mellorar as súas condicións coma espazo natural de interese e ocio, e prohibir o uso de residuos coma material externo pra acometer tarefas de recheo, aproveitándose os propios da canteira”.