De ‘Composgrado’ a Moscova con paixón

O colectivo 'Roja en el Colacao' "converte" o Obradoiro na Praza Vermella de Moscova

Xa o advertiron antes do partido entre a selección española e a portuguesa: neste Mundial, “sempre contra España”.

О чём шумят леса
На берегу зелёном
При свете бесконечном
Блистающей луны?
Что сосен в вышине
Вершины возвещают,
Под ветром оглашают,
Не зная тишины?

Зелёный их наряд
Венчает звёзд корона,
Они встают под кроной
Над избранной из стран.
Наш край, не оскудей,
Былому – не забыться,
В мечтах пусть вновь родится
Могучий Бреоган .

Кто добр и духом щедр,
Наш голос привечает,
Всегда он различает
Глухой сосновый глас.
Невежда лишь один,
Пустой и бессердечный,
Безумный и беспечный,
Не понимает нас.

Прошли те времена
Сказителей старинных;
Короткий или длинный,
Всем срок на свете дан.
Но с нашей высоты
Промолвим: без сомненья,
Край заслужил спасенья,
Где правил Бреоган!

A equipa dirixida por Fernando Hierro enfróntase nos oitavos de final a Rusia, polo que o colectivo ‘Roja en el Colacao’ torcerá agora pola selección anfitrioa deste torneo, logo de apoiar a Portugal, Irán e Marrocos durante a fase de grupos desta Copa do Mundo 2018.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“Queremos que o escoiten Putin e os bos e xenerosos de alá”

O primeiro paso para alentar á selección do leste de Europa xa está dado. Esta mañá, o Obradoiro tornouse por unha vez nunha sorte de Praza Vermella de Moscova. Os Pinos, de Eduardo Pondal, soou ao ritmo do himno ruso. “Para que o escoiten Putin e os bos e xenerosos de alá”, expón Suso, de ‘Roja en el Colacao’.

Onde ver o partido?

Desta volta, o colectivo valora achegarse este domingo —ás 16.00 horas— a un bar da rúa Moscova, no barrio das Fontiñas, mais tampouco se descarta regresar á cervexaría Merlego. “Con ‘M’ de Mostovoi”, matiza Suso. Santiago de Compostela converterase esta fin de semana en ‘Composgrado’.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -