Compostela celebrará as festas da Ascensión do 29 de maio ao 2 de xuño cunha programación na que destacarán “oito grandes concertos nas prazas da Quintana e do Toural, moitas propostas para o público familiar e actividades que forman parte xa da tradición das festas máis compostelás do ano”, sostén a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra. Ademais, o artista Davide Salvado ofrecerá un concerto no Toural no marco do programa Artellando e Abe Rábade e Rosa Bugallo teñen preparado o proxecto ‘Lorca namorado’.
Na Quintana haberá catro grandes concertos. Un deles, o 29 de maio, será o concerto de Los40 Pop, que contará coa participación de Roi Méndez, Ana Guerra, Nill Moliner, Ana Mena, Carlos Right e Dani Fernández nun espectáculo conducido por Tony Aguilar.
No día grande da Ascensión haberá un gran espectáculo ao redor da figura “Lorca namorado” que xuntará no escenario a persoas como Salvador Sobral, Abe Rábade, Kike Morente, Arcangel, Marcelo DoBode, Davide Salvado e Susana Seivane. Ademais, haberá swing, jazz, microespectáculos, circo e charangas ao longo de todo estes días de festa.