A candidatura “Entre todas” que lidera o ourensán David Bruzos presentouse onte en Compostela. Arroupado por membros das mareas das cidades, militantes de Podemos, EU e Anova ademais doutras mareas de vilas galegas, lanzou unha mensaxe integradora afirmando que “sumando voces seremos capaces de ser máis”.
Bruzos asegurou querer “abrir todas as portas para integrar aos movementos sociais” e “reactivar as ondas do cambio” de cara as eleccións de 2019 para “manter e ampliar os espazos conquistados”.
No mesmo acto explicou que non se pode “deixar de contar cos partidos políticos, coas cidades do cambio” e confesou que lles levou “traballo, gústanos falar moito”.