A poesía galega conquista Manhattan. Entre o 3 e o 8 de abril, retumbará na cidade de Nova York o eco dos versos de poetas e poetisas galegas coma Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro ou Carlos Casares, xunto con algunhas das voces contemporáneas máis salietábeis en Galicia. Sucederá durante o Festival Internacional Kerouac de Poesía e ‘Performance’ —como honra ao novelista da xeración beat Jack Kerouac— unha iniciativa nada en Vigo e impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O certame celebrarase en locais emblemáticos coma o Bowery Poetry ou o Arlo Soho
Durante unha semana, os grandes poemarios galegos serán recitados, tanto en inglés como na nosa lingua, en lugares como a Casa de Galicia, o Instituto Cervantes e algúns dos locais culturais máis relevantes da urbe coma o Bowery Poetry ou o Arlo Soho. Esta é a terceira edición do Festival, que parece gustar á cidadanía neoiorquina. Alén de artistas coma o vigués Marcos de la Fuente ou a salmantina Sheila Blanco, participarán no certame voces recoñecidas internacionalmente coma a dos Haiku Guys, o poeta mexicano Raúl de Nieves ou JivePoetic, un dos referentes da poesía afroamericana.