Daniel Asorey: “Galiza sofre un ‘apartheid’ lingüístico e cultural” pic.twitter.com/MPY6BZYRmr
— Nós Televisión (@NosTelevision) August 3, 2018
Está a Xunta a desmantelar a cultura galega e a súa promoción? O escritor Daniel Asorey non o dubida: “Non se trata só dun proceso de desmantelamento, senón que poderiamos falar practicamente dun planificado exterminio cultural”. Asorey considera que chegou o momento “de que apareza unha Rosa Parks galega que diga ‘Basta!'”.
Asorey arela unha “Rosa Parks galega” que diga “Basta!”
O autor de Nordeste cualifica a situación que atravesa o panorama cultural dde Galiza de apartheid, salientando o seu “enorme potencial económico” que o Goberno galego estaría a obviar coas súas políticas. Por outra banda, lamenta o “ermo” que caracteriza á literatura do país, debido en parte ao “olvido” da Administración.