Dani De la Torre presentou o seu último filme en Lugo

'La sombra de la ley' presentouse no serán de onte na cidade amurallada

Lugo acolleu este martes unha proxección especial da longametraxe La sombra de la ley, o novo thriller do monfortino Dani de la Torre, rodado en boa parte na cidade amurallada e en Monforte de Lemos, e que contou co apoio da Deputación e do Concello. O Presidente da institución provincial e da TIC, Darío Campos Conde, amosou a súa satisfacción “por colaborar con filmes que dan unha proxección nacional e internacional a Lugo”.

Ademais afirmou que “para nós é un orgullo que tres lucenses do nivel de Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira estean neste proxecto, e que sexa unha produtora galega, Vaca Films, capitaneada por unha muller, Emma Lustres, a que o faga posible”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -