Dakidarría vén de cancelar o concerto que ía ter lugar este 1 de febreiro na sala Caracol de Madrid. O grupo galego toma esta decisión despois de que esta pasada fin de semana a sala acollera un concerto neonazi. A raíz disto, mobilizouse o movemento antifascista de Madrid e diferentes artistas decidiron dar un paso adiante no seu posicionamento político. Este é o caso non só do grupo galego senón tamén de Guacamayo Tropical, a banda Valida e Furia Queer ata o de agora. Dakidarría anunciou que está buscando outra sala para dar o concerto previsto para o día 1.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -