O Dado Dadá súmase á febre da comedia improvisada

A impro dos luns en Compostela ten un novo fogar. O Dado Dadá Jazz Club acollerá cada semana aos IMPROvisibles

Desde hai case seis anos, algúns locais hosteleiros da zona vella compostelá permanecen ateigados cada semana para un espectáculo que ten que colgar o cartel de “entradas esgotadas” días antes da función, e non falamos de concertos nin dos populares monólogos. Aínda descoñecida para o gran público -que ao escoitar o seu nome segue preguntando “¿É un monólogo?” ¿É teatro universitario?”- son os que acaban sucumbindo á curiosidade da impro quenes descobren que só é necesario acudir unha vez para entender o concepto: unha representación escénica onde nada do que ocorre está ensaiado, porque as accións e as palabras agroman no momento grazas ao enxeño dos actores e as propostas do público.

A improv, como se denomina no mundo anglosaxón, naceu en Chicago na década dos 60; e a partir de alí clubes como Second City ou Upright Citizens Brigade encargáronse de espallalo por todo o país, formando canteiras das que nacerían iconas televisivas coma o Saturday Night Live ou presentadores da talla de Stephen Colbert. Toda unha institución tamén en Latinoamérica, chegou timídamente a España a principios de século e xa está aquí para quedarse. Compañías como Jamming ou Impromadrid enchen teatros na capital e realizan xiras internacionais. En Santiago os improadictos tiñan ata agora unha cita todos os mércores e venres no Café Camalea, agora mesmo a capital da impro na nosa cidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Novas propostas

Os fans están ávidos de novas propostas, porque o que ten a improvisación e que cada día é único e irrepetible, nace e morre na hora e media que dura o show. Iso levou aos membros da nova compañía IMPROvisibles a lanzar o proxecto que estrean esta noite. A súa residencia será o emblemático Dado Dadá, onde poderemos velos cada luns. Un histórico clube da noite compostelá, famoso pola súa aposta pola maxia e as jams de música en directo, e onde actuaron persoeiros da talla de Javier Krahe. Os seus integrantes son Cayetano Lledó, Gandalf Gambarte, Paulo Rubal, Carlos Morales, Jacobo Barros e Victor Castro. Será a primeira vez que a impro se traslade do casco histórico á zona nova da cidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -