Da Insumisa ás Naves do Metrosidero

As naves da antiga Comandancia de Obras da cidade vella da Coruña serán un espazo destinado ao lecer da mocidade coruñesa

As Naves do Metrosidero serán unha infraestrutura pública para a mocidade da Coruña. Así o vén de presentar esta mañá a concelleira de Participación e Innovación Democrática da cidade, Claudia Delso. Un espazo accesible que convida ás mozas e mozos da Coruña a desenvolver as súas inquedanzas creativas e de aprendizaxe. Deste xeito, o goberno local abordará entre esta fin de semana e o mes de decembro a segunda fase deste proceso participativo posto en marcha.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As polémicas naves, propiedade do Goberno local desde que Defensa cedeullo a comezos deste ano, enceta tras o fin da súa okupación unha nova etapa para dotalo de utilidade pública. O executivo actual, logo do balbordo creado polo desaloxo da Insumisa o pasado mes de maio, aposta agora pola súa conversión nun centro de actividades sociais, culturais e deportivas para á mocidade. A propia Delso destacou na mañá de hoxe que se trata dunha “auténtica oportunidade para definir o futuro dun novo equipamento pensado para e coa mocidade” e onde poder explocar “modelos de xestión” para o centro.

Delso destacou que esta nova etapa do procedemento posto en marcha polo Concello busca Concellería a “implicación da cidadanía” e anunciou que se realizarán novos encontros coa veciñanza no Centro Cívico Cidade Vella en horario de 10:30 a 14 os días 22 de setembro e 6 de outubro, 10 de novembro e 15 de decembro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -