Home Programas Área Compostela A CXT denuncia contratacións irregulares en Correos

A CXT denuncia contratacións irregulares en Correos

0
A CXT denuncia contratacións irregulares en Correos

Coincidindo coa visita a Galiza de Javier Cuesta, Presidente de Correos, o sindicato CXT denunciou a contratación irregular de traballadores e traballadoras para a empresa. Afiliados a este sindicato seguiron por Compostela a presenza de Cuesta. O sindicato presentou a unha queixa hoxe mesmo diante da Valedora do Pobo.

Desde a CXT denuncian un “despropósito” por parte dunha empresa que “presiona aos traballadores e traballadoras” e, ao mesmo tempo, conta Presidente cun dos maiores soldos do Estado español.

A CXT considera que a empresa está a incumprir a grave sanción en materia de contratación laboral que lle impuxo a Inspección de Traballo en novembro de 2016 e aseguran que este tipo de contratacións está a aumentar nos últimos meses.