CxG solicita na UE que cesen as axudas á macroexplotación mineira de Touro

A Plataforma Mina O Pino Touro Non estivo en Bruxelas convidada por esta formación política

Unha delegación da Plataforma Mina O Pino Touro Non visitou o Parlamento convidada por Compromiso por Galicia a través da eurodeputada do PNV Izaskun Bilbao. Alí, segundo explicaron desde CxG, transmitíronlle o problema da “desinformación por parte da Xunta co incumprimento do período de transparencia”.

CxG solicitou a documentación que existe ata o de agora desa explotación como son os permisos de augas, analises, permisos para almacenaxe de entullos de ata 50m de altitude pola súa perigosidade de verquidos a tres ríos que son afluentes do río Ulla.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O secretario Xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro Docampo, pediu a “paralización inmediata das axudas que están a percibir estas empresas vinculadas a este proxecto xa que o nivel de contaminación ambiental e devastador”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -