CxG reúnese co Club Financiero Atlántico

A formación que lidera Piñeiro Docampo explicou ao empresariado coruñés o seu proxecto de país e convidounos a acompañalos a Bruxelas o vindeiro 15 de maio

Unha delegación composta polo Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, Ramón Freire, Secretario Local de CxG Coruña e Orlando Villamayor Secretario Nacional de Organización, visitou a sede do Club Financiero Atlántico da Coruña para manter un intercambio de impresións co tecido empresarial da cidade.

Un dos acordos acadados foi a presenza de Mariano Gómez Ulla nunha delegación de 22 entidade se colectivos que levará CxG a Bruxelas o vindeiro 15 de maio.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O propio Secretario Xeral de CxG indica que a sua formación explicou aos empresarios a súa aposta fundamental, “acadar o máximo autogoberno e o dereito que figura no propio Estatuto de Autonomia de Galicia de poder traballar na nosa terra”. Piñeiro Docampo sinala que para os empresarios preocupa a falta de traballadores especializados en sectores como o naval ou a construción. “É importante que as empresas crean que Galicia é un país”, resumiu.

CxG tamén aspira a xogar un papel importante na Cidade da Coruñae co traballo da Agrupación Local dirixida por Moncho Freire.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -