Home Programas Espazo Aberto CxG quere que os talleres mecánicos fagan a ITV

CxG quere que os talleres mecánicos fagan a ITV

0
CxG quere que os talleres mecánicos fagan a ITV

Os talleres mecánicos das diferentes cidades e vilas galegas poderían encargarse do servizo da ITV para aforrar custes e beneficiar unha maior competitividade entre as empresas. É a proposta que lanzou hoxe o Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, nunha comparecencia diante a prensa no sede nacional deste partido en Compostela.

Unha proposta que reduciría o gasto individual da poboación e o da propia administración

Juan Carlos Piñeiro explicou que a Xunta de Galicia aforraría 10 millóns de euros anuais con esta medida e remataría co monopolio actual da única empresa que presta este servizo no noso país. O secretario xeral de CxG explicou que hai países europeos, como Bélxica, que xa adoptaron esta idea e o seu funcionamento é óptimo.