O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, asegurou a Nós Televisión que presentou un paquete de medidas diante da UE para activar fondos europeos de apoio polo caso dos lumes que inzaron o noso territorio hai uns días. Realizouno a través do grupo de ALDE e de Izaskun Bilbao, deputada do PNV.