Home Programas Espazo Aberto CXG denuncia a perigosidade dunha estrada en Boqueixón

CXG denuncia a perigosidade dunha estrada en Boqueixón

0
CXG denuncia a perigosidade dunha estrada en Boqueixón
A estrada motivo da denuncia de CXG

As eleccións municipais están preto e hai municipios que aceleran as obras para que se rematen este mesmo ano. En ocasións o resultado final non é o agardado como acontece no concello de Boqueixón onde Compromiso por Galicia (CXG) vén de alertar da situación da recente pavimentación da estrada municipal no tramo comprendido entre o lugar de A Moa (Loureda) ate o remate do termo municipal de Boqueixón en Lavacolla.

A obra de arranxo do firme rematou, segundo denuncian desde CXG, reducindo un metro do ancho da estrada pasando dos 6 metros orixinais aos 5 actuais. Con esta sitación aseguran que “unha boa parte do traxecto queden uns laterais cortantes e enganosos para os vehículos, o que pon en risco a calquera coche, camión, tractor e sobre todo a motos que a pouco que poidan tocar o lateral cortante o perigo de saída da estrada”.

CXG denuncia esta situación diante dos medios de comunicación logo de que o goberno municipal de Boqueixón explicara que “a responsabilidade é da empresa executora da obra” sen explicar porque esta non pasou polo servizo municipal de control de obras.