Compromiso por Galicia (CxG) vén de presentar unha queixa formal ante a Xunta Electoral da Zona de Compostela logo de que La Voz de Galicia os excluíse do debate electoral que organizan este luns e no que participa Compostela Aberta, PSOE, PP, BNG e Ciudadanos.

Dende Compromiso apuntan a que non se está a cumprir o artigo 66 da LOREG, así como o incumprimento da instrución do 2011 que concede un trato especial as forzas extraparlamentarias que teñan consideración de grupo significativo como e o caso de Compromiso, ao contar con dúas alcaldías e 43 concelleiros.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -