Home Programas Espazo Aberto CUT e CIG convocan folga indefinida no parque de bombeiros do Concello de Vigo

CUT e CIG convocan folga indefinida no parque de bombeiros do Concello de Vigo

0
CUT e CIG convocan folga indefinida no parque de bombeiros do Concello de Vigo

Os sindicatos CUT e CIG veñen de convocar folga indefinida no parque de bombeiros do Concello de Vigo a partir do 14 de agosto. As centrais sindicais toman esta decisión para combater a ausencia de persoal para desenvolver o servizo público xa que, segundo os datos dos sindicatos, só contan cunha dotación de 100 bombeiros cando deben figurar 149 e 207 tendo en conta a proporción da comarca viguesa.

A CUT e CIG denuncian a realización de 38.000 horas extraordinarias anuais cun cadro de persoal envellecido. “Cando os bombeiros decidiron dicir basta a este abuso, o Concello aprobou un decreto que os obriga a facer esas horas dobrando xornadas de 24 horas e poñendo a traballar a funcionarios en prácticas que endexamais entrou nun lume, co risco que isto supón para eles, os compañeiros e a cidadanía”, destacan nun comunicado.