Achégase outubro e, con este mes, a primeira gran cita do cinema en Compostela: o Festival internacional Curtocircuito.

A decimocuarta edición terá lugar entre os días 1 e 8 e trae, como en anos anteriores varias novidades que se presentaron en rolda de prensa esta mesma mañá no Pazo de Raxoi.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Nas diferentes intervencións, protagonizadas polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, o xerente de Agadic, Jacobo Sutil e o director do festival, Pela del Álamo, quedou claro que este é xa unha cita consolidada para o audiovisual no noso país.

martiño Noriega sinalou a empatía que este evento ten coa cidade

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, explicou que Curtocircuito é un festival especial que implica a todo o sector audiovisual galego, un encontro sólido no panorama cinematográfico do país. Para o xerente de Agadic, Jacobo Sutil, este festival fomenta a creación de públicos e obras diferentes e facilita a participación galega a través da sección Planeta GZ na que participarán nesta edición cineastas como Tono Mejuto, Jione Camborda, Adrián Canoura e Fon Cortizo.

O director do festival salientou a creación dunha nova sección que levará o nome de “Arredor do son”.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -