Curtocircuíto acolle unha retrospectiva do cineasta Bertrand Mandico

Hoxe proxectarase na sala Numax a partires das 22:00 horas parte do seu traballo

O cineasta Francés Betrand Mandico será protagonista do Curtocircuito de este ano a través dunha retrospectiva da súa obra. Unha obra que inclue 15 curtametraxes e a longametraxe do 2017 “Os nenos Salvaxes”, un film que conquistou a crítica internacional que a definiu coma “un viaxe ultrapoético, megaalucinado no que non cabe un segundo de aburrimento.” Branca Novoneyra encargouse da presentación do cienasta, e destacou o poder surrealista e incoherente das súas imaxes.

Tamén estivo presente na rolda de prensa o director do Festival, Pela del Álamo, que destacou a obra de Mandico como un fito cinéfilo único, capaz de transformar as evidentes referencias cinéfilas en algo novo, e así construir un bizarro universo cinematográfico cunha emerxente voz propia libre de ataduras.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O referente artístico máis importante para Mandico é o Mestre do Surrealismo americano David Lynch. Contou que foi de grande impacto a visión da obra de Lynch “Eraserhead”, “O Home Elefante” ou “Veludo Azul”, e tamén destacou a importancia de Jean Luc Godard e sobre todo do seu uso do son nas suas películas. Para Mandico supón unha extraña experiencia ver unha retrospectiva de toda a súa obra.

Hoxe proxectarase na sala Numax a partires das 22:00 horas parte do seu traballo, en concreto as súas cortometraxes : “Etienne Charry”, “A nosa señora das hormonas”, “Cabaret prehistórico”, “Queda algunha virxe viva?” e “Ultra Pulpe”, unha ocasión inigualable para adentrarse na obra deste orixinal cineasta francés, unha obra que non deixará indiferente a ninguén.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -