O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Agustín Hernández, trasladará ao vindeiro pleno unha moción instando ao goberno local para que execute un plan de actuacións urxentes para evitar os riscos de inundación.
O PP de Santiago quere que o concello active as alertas con Meteogalicia
Entre estas medidas figura a coordinación cos servizos de Meteogalicia a través dun sistema de avisos para os servizos de urxencia.
Hernández criticou na mesma rolda de prensa que non se activara antes o Plan de actuacións en 19 puntos negros que presentou o goberno local en novembro de 2015. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, contestou estas criticas noutra rolda de prensa.
Ante as críticas do Partido Popular pola xestión das inundacións, @xanduro tamén deu hoxe resposta https://t.co/M8HPaPDckY pic.twitter.com/WYWUpKZdFY
— Nós Televisión (@NosTelevision) 18 outubro 2016
O portavoz do Partido Popular tamén solicitará no vindeiro Pleno que se inclúa no orzamento municipal para o 2017 aquelas actuacións que non sexa posible afrontar con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias actuais.